Implantoloxía

Perder un dente non é só unha cuestión estética, afecta á túa capacidade para mastigar correctamente, provoca desprazamentos nas pezas veciñas e altera o equilibrio da túa boca.
Substituímos as túas pezas perdidas mediante implantes: o método máis rápido e seguro para un resultado natural e duradeiro. Recupera a confianza cunha solución que parece e que se sente como un dente natural.
- Implantes dentais de máxima calidade: deseñados para integrarse perfectamente co teu óso e ofrecerche unha solución estable, duradeira e cómoda.
- Carga inmediata: se o teu caso concreto o permite, colocamos unha prótese provisional fixa o mesmo día da cirurxía de colocación do implante.